Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2025

INFORME METEOROLÓXICO DE DECEMBRO. 4º DE PRIMARIA.

Imagen
  O alumnado de 4º de primaria foi o encargado de anotar na táboa de rexistro  e subir á aplicación de Meteoescolas os datos do tempo durante o mes de decembro, Amais, fixo o resumo meteorolóxico do mes  empregando a megafonía do colexio na hora de lectura. Buscou algún refrán axeitado ás características climáticas do mes e  por último anotou a media das temperaturas e a cantidade de precipitación no climograma situado no Espazo Meteorolóxico.

BIBLIOGRAFÍA SOBRE O CLIMA.

Imagen
 Para desenvolver o proxecto anual de centro "Coida do clima, coida dos teus"  pescudamos e adquirimos material bibliográfico para documentarnos, investigar e poder realizar os traballos escritos e gráficos para por último expoñer ao resto de compañeiros e compañeiras do centro educativo. Esta é a relación dos libros que adquirimos e lemos para poder desenvolver o traballo: - ¡Qué clima tan raro! Entender y combatir el cambio climático.Laura Ertimo y Mari Ahokoivu.    - Cuánto calor es un grado más? ¿Qué pasa con el cambio climático? Kristina Sharmacher-Schreiber e Stephanie Marian. -   Un furacán chamado Otilia. Víctor Raga - ¿Pero que pasa con el clima? Ole Mathismoen y Jenny Jordahl. - Se queimamos quentamos. Proxecto de Educación Ambiental Cambio Climático. Xunta de Galicia. -        -   Aprendemos coas Escolas Climáticas. Proxecto de Educación Ambiental Cambio Climático. Xunta de Galicia. -      ...

VIAXE EN ZORRA. LEOPOLDO MOZART. 3º PRIMARIA.

Imagen
As nenas e nenos de 3º de primaria prepararon unha instrumentación utilizando pauciños chinos e caixas chinas para acompañar a obra de Leopoldo Mozart "Viaxe en Zorra"

POLO NADAL.

Imagen
  Todas as actividades desenvolvidas teñen como finalidade promover actitudes sostibles que axuden a neutralizar o cambio climático.   Neste mes celebramos estas festas navideñas decorando os distintos corredores e aulas utilizando materiais nobres ou reciclados. Tamén se empregou a pasta de papel reciclado para elaborar manualidades. Seguindo na idea de reducir residuos e tratando de non ser tan consumistas o noso alumnado redactou a súa carta aos Reis Magos e a Papá Noel  pedindo un só agasallo.  Os novos almanaques do ano 2026 diseñáronse con imaxes relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus" e en particular coa subtemática de cada clase.  A rapazada de infantil visitou As Aldeas de Nadal en Lalín, onde a madeira é o elemento base para a elaboración das construcións. Amais, na exposición hai unha mostra de decorados en miniatura, onde se empregan elementos naturais como poden ser as landras.             ...

ESPAZO METEOROLÓXICO.

Imagen
Seguimos utilizando e actualizando o noso Espazo Meteorolóxico colocado no corredor central do noso centro. Neste lugar colocamos recortes de prensa, actividades do alumnado, o refrán do mes, vocabulario en inglés, cancións, poesías, artigos informativos sobre as borrascas, rexistro do tempo atmosférico do mes, ...   Unha zona que nos permite coñecer os aparellos que proporcionan datos meteorolóxicos e un climograma onde cada mes rexistramos a temperatura media e a cantidade de precipitación.

INFORME METEOROLÓXICO DE NOVEMBRO. 5º PRIMARIA.

Imagen
O alumnado de 5º de primaria foi o encargado de anotar na táboa de rexistro  e subir á aplicación de Meteoescolas os datos do tempo durante o mes de  novembro. Amais, fixo o resumo meteorolóxico do mes  empregando a megafonía do colexio na hora de lectura. Por último anotou a media de temperatura e cantidade de precipitación no climograma  situado no mural do Espazo Meteorolóxico.