POLO NADAL.

 Todas as actividades desenvolvidas teñen como finalidade promover actitudes sostibles que axuden a neutralizar o cambio climático.

 Neste mes celebramos estas festas navideñas decorando os distintos corredores e aulas utilizando materiais nobres ou reciclados. Tamén se empregou a pasta de papel reciclado para elaborar manualidades.

Seguindo na idea de reducir residuos e tratando de non ser tan consumistas o noso alumnado redactou a súa carta aos Reis Magos e a Papá Noel  pedindo un só agasallo.

 Os novos almanaques do ano 2026 diseñáronse con imaxes relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus" e en particular coa subtemática de cada clase. 

A rapazada de infantil visitou As Aldeas de Nadal en Lalín, onde a madeira é o elemento base para a elaboración das construcións. Amais, na exposición hai unha mostra de decorados en miniatura, onde se empregan elementos naturais como poden ser as landras.

                                        






































Comentarios

Entradas populares de este blog

INFORME METEOROLÓXICO DE XUÑO. 4º DE PRIMARIA.

ENTROIDO METEOROLÓXICO.