ESTACIÓN METEOROLÓXICA SENSORIAL. AULA ESPECÍFICA.
Na Aula Específica do centro desenvolveron ao longo do curso unha actividade rutinaria inserida no marco da estimulación basal e pedagoxía sensorial, contando coa participación de dous alumanos con necesidades de apoio extenso e xeneralizado. Trátase dun ritual predictible e sistematizado, orientado á discriminación sensorial primaria a través de experiencias directas e simuladas relacionadas coa meteoroloxía e a exposición a estímulos táctiles, térmicos e cinestésicos.

Secuenciaron a actividade en catro bloques sensoriais, tres deles asociados a un fenómeno meteorolóxico e o derradeiro referente ás estacións:
1. Módulo "choiva": discriminación mollado /seco. Os alumnos tocan a superficie do peitoril da ventá para comprobar se está seco ou mollado. A docente verbaliza a palabra segundo o caso.
A continuación, compróbase o recipiente da choiva. Baleirase e, se ten auga, a mestra indica "choveu" e aplica microaspersións de auga sobre as mans ou antebrazos dos nenos.
2. Módulo "Temperatura: discriminación calor/frío. Preséntase un coxín térmico lixeiramente quente cando vai calor e elementos refrixerados de baixa intensidade para discriminar o frío.


3. Módulo "Vento". Exposición ao aire en movemento mediante un ventilador de baixa potencia para indicar que vai vento.
4. Módulo "Estacións do ano ". Exploración táctil-olfativa de elementos naturais propios das estacións: flores frescas (primavera), follas secas (outono), herbas aromáticas (verán), elementos fríos ( inverno).











Comentarios
Publicar un comentario