Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

DICIONARIO DO CLIMA. 1º DE PRIMARIA.

Imagen
  Co gallo da Día das Letras Galegas, o alumnado de 1º de educación primaria realizou un “Dicionario do Clima” con léxico en galego relativo á meteoroloxía. Léxico que xa é pouco común empregar ou que se xa se perdeu. Elaboramos un listado de palabras e pensamos onde poder buscar a información: na rede, pero tamén nos dicionarios en papel. Foi unha maneira de descubrir o significado de palabras que na maioría dos casos descoñecían. Por exemplo: zarapallada, xistra, cisallada,... Para iso contamos coa axuda das familias, sobre todo avós e maiores do entorno, ademais da iniciación no uso do dicionario como ferramenta educativa. Agora soamente queda facer uso delas no noso día a día! Aquí tedes unha escolma do realizado.

EF

 Na clase de EF o alumnado realizou dous xogos relacionados ca meteoroloxía.  O 1º xogo titulado "Simón di meteorolóxico" o docente ou un neno/a di varias veces accións de movemento relacionadas ca meteoroloxía. Por exemplo, se di que hai un tornado, o alumnado xirará sobre si mesmo; se di que hai sarabia o alumnado dará golpes cos pés no chan de forma continuado; se di que fai sol camiñarán e se di que chove moito correrán. O 2º xogo "Pilla pilla do vento e do sol", tres alumnos/as farán de vento frio e pillarán correndo. O neno ou nena que sexa pillado quedará quieto porque estará xeado ( conxelado). Este alumno /a poderá seguir correndo se lle toca unha compañeira/o que fará como se fora un sol que lle dá calor e derrrete.

EUCALIPTOS NON, CARBALLOS SI. ED. INFANTIL.

Imagen
  Para rematar coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus" o grupo de  Educación Infantil foi o curso encargado de dar fin a este  proceso expositivo co seu traballo "Eucaliptos non, carballos si" conmemorando o Día Internacional da Diversidade Biolóxica celebrado o 22 de maio. Acompañaron a exposión cunha canción sobre os árbores da fraga na que as árbores autóctonas non aceptaban ao eucalipto na fraga por ser unha especie foránea. Unha investigación realizada pola Universidade de Oviedo/Uviéu revela que a introdución de especies coma o eucalipto pode causar grandes impactos na capacidade que teñen os bosques autóctonos para mitigar o cambio climático, pois está en perigo a súa capacidade para almacenar carbono no chan. O eucalipto non é unha árbore aborixe, fai anos que chegou á península Ibérica  procedente do continente australiano como árbore ornamental de xardíns, que se acabou  plantando...

15 DE MAIO. DÍA DE ACCIÓN POLO CLIMA.

Imagen
O  15 de maio conmemoramos o Día da Acción Climática . Na escola queremos que o noso alumnado aprenda que os pequenos xestos poden xerar grandes cambios, e por iso convidámolos a participar dun xeito especial.Ne ste día, propoñemos que a merenda da mañá sexa o máis sustentable posible. Como se pode axudar? Evitando plásticos e aluminios: u sando “fiambreiras”, "envoltorios de tea, cera de         abella..." e botellas reutilizables. Produtos de proximidade: p riorizando a froita de tempada ou alimentos sen procesar.   Residuo cero: o obxectivo é que, ao rematar de comer, non teñamos nada que tirar ao    lixo.  Comezamos a mañá lendo un manifesto de Acción polo Clima, o alumnado de 6º de priimaria foi o encargado de difundir a información por megafonía.

EFEMÉRIDES MEDIOAMBIENTAIS E CLIMÁTICAS.

Imagen
  A c omezos de curso elaboramos un calendario de conmemoracións medioambientais e climáticas para traballalas ao longo do curso e telas en conta para a exposicións dos traballos de investigación.

INFORME METEOROLÓXICO DE ABRIL. 6º PRIMARIA.

Imagen
  O alumnado de 6º de primaria foi o encargado de anotar na táboa de rexistro  e subir á aplicación de Meteoescolas os datos do tempo durante o mes de abril.  Amais, fixo o resumo meteorolóxico do mes  empregando a megafonía do colexio na hora de lectura. Por último anotou a media das temperaturas e a cantidade de precipitación no climograma situado no Espazo Meteorolóxico.

OS INCENDIOS FORESTAIS. 5º PRIMARIA.

Imagen
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   5º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "Os incendios forestais" conmemorando o Día Internacional do Combatente dos Incendios Forestais, 4 de maio. Acompañaron a exposión oral con maquetas que reflexaban a acción do lume sobre os ecosistemas, para a súa elaboración contaron co apoio familiar.   Explicaron que na actualidade estanse a producir incendios moi virulentos, que se volven incontrolables e impredicibles, son os chamados "incendios de sexta xeración" que teñen estreita relación co cambio climático. Os incendios non só queiman o presente, senón que tamén queiman o pasado e o futuro, destruen ecosistemas que levaban existindo centos de anos e que nunca volverán a ser como eran, fan que se perdan especies autóctonas e contaminan a auga e o aire.           ...