Entradas

O GALIÑEIRO E AS TEMPERATURAS.

Imagen
 No galiñeiro escolar contamos con dúas galiñas da raza de Mos. Ao alumnado gústalle coidalas, observalas e recollerlle os ovos diariamente, especialmente a aqueles nenos con diversidade funcional. Ao longo do curso fomos observando que durante o inverno ao haber menos horas de luz e baixar as temperaturas a produción de ovos disminue, en cambio, ao chegar a primavera suben as temperaturas, hai máis horas de día e as galiñas poñen mellor. O alumnado fixo un rexistro da produción de ovos e tamén tomou contacto coas aves. As galiñas son animais homeotérmicos, o que quere dicir que posúen a capacidade de manter unha temperatura interna relativamente constante, independientemente da temperatura ambiental,  isto é fundamental para o funcionamento óptimo dos seus procesos fisiolóxicos. A temperatura somática profunda nas galiñas oscila entre 40,6 e 41,9ºC. Esta estabilidade mantense a través dunha complexa interacción de mecanismos metabólicos e conductuais. A zona de neutralidade t...

REVISTA ESCOLAR CURSO 2025/26.

 Remata o curso escolar no CEIP Xoaquín Loriga e facémolo cunha gran certeza. Este curso aprendemos a protexer o que máis importa. Baixo o lema "Coida do clima, coida dos teus" fomos adquirindo un pouquiño máis de responsabilidade , respecto e coidado do noso planeta. Como broche de ouro a todo este traballo, publicamos a nosa revista O CAMIÑO. GRAZAS A TODA COMUNIDADE EDUCATIVA POR FACER MEDRAR ESTE PROXECTO. O EQUIPO DO CEIP XOAQUÍN LORIGA DESÉXAVOS UN FELIZ, SOSTIBLE E MERECIDO VERÁN. PROTEXÉDEVOS DO SOL!!

INFORME METEOROLÓXICO DO MES DE XUÑO. 4º DE PRIMARIA.

Imagen
O alumnado de 4º de primaria foi o encargado de anotar na táboa de rexistro  e subir á aplicación de Meteoescolas os datos do tempo durante o mes de xuño. Amais, fixo o resumo meteorolóxico do mes  empregando a megafonía do colexio na primeira hora da mañá ao tratarse do último día de clase. Por último anotou a media das temperaturas e a cantidade de precipitación no climograma situado no Espazo Meteorolóxico.

AS ÁRBORES NA FRAGA. 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL.

Imagen
 O alumnado de 6º de educación infantil elaborou un traballo titulado "As árbores na fraga" onde estudaron as partes das árbores, os tipos de folla caduca ou perenne, as especies autóctonas e as especies invasoras de Galicia.Chegando á conclusión de que as árbores aborixes cumplen unha importante función: purifican o aire, dannos sombra, son acubillo de animais e mitigan o efecto do cambio climático.

REFUXIO CLIMÁTICO DE ACOLLIDA.

Imagen
  O comezo dunha nova etapa escolar é un momento cheo de emocións, ilusións e, ás veces tamén de pequenos nervios. Por iso, o martes abrimos as portas do noso centro para recibir cun gran sorriso ás familias e aos nenos e nenas que se incorporarán ao cole o vindeiro curso. Acompañados pola rapazada que xa está en infantil, os novos alumnos participaron nunhas actividades colaborativas cheas de cor e ledicia.  Xuntos pintaron unhas cintas de cores coas que despois decoraron as árbores da nosa carballeira. Ademáis, os pequenos tamén se divertiron buscando e  pintando as súas caras con deseños cheos de imaxinación. Un momento moi especial da xornada foi cando  os nosos pequenos visitantes e as súas familias puideron escoitar un conto moi especia l "O saltón Manoliño" , unha historia imaxinada, ilustrada e elaborada con moito agarimo polos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil. E xa para rematar a xornada da mellor maneira posible compartimos unha deliciosa merendol...

CONTO: O PARAUGAS DA CEBRA. EDUCACIÓN INFANTIL.

Imagen
  Para conmemorar o Día da Discacapidade e Diversidade Funcional no CEIP Xoaquín Loriga partimos do conto titulado "O paraugas de Cebra" debido á súa poderosa mensaxe social.. Este conto axúdounos a reflexionar que non importa o tamaño, a especie ou a diferenza do animal; o paraugas adáptase para dar acubillo a calquera que o necesite. O paraugas de cores representa un espazo protexido onde as barreiras desaparecen para axudar a quen máis o precisa. Ensina a cooperar e protexerse os uns aos outros, plasmando a importancia de cada membro da nosa biodiversidade, por moi pequeno ou insignificante que poida ser, cumpre unha función principal para protexer o noso clima. De aí o lema do noso mural "Sempre hai espazo baixo do noso paraugas para aqueles que o necesiten." Non podemos eliminar todas as dificultades e catástrofes do mundo: as secas, as inundacións, o furacáns, os incendios...pero podemos crear un espazo seguro onde as persoas se axuden para sobrevivir.