CONTO: O PARAUGAS DA CEBRA. EDUCACIÓN INFANTIL.

 Para conmemorar o Día da Discacapidade e Diversidade Funcional no CEIP Xoaquín Loriga partimos do conto titulado "O paraugas de Cebra" debido á súa poderosa mensaxe social..

Este conto axúdounos a reflexionar que non importa o tamaño, a especie ou a diferenza do animal; o paraugas adáptase para dar acubillo a calquera que o necesite.

O paraugas de cores representa un espazo protexido onde as barreiras desaparecen para axudar a quen máis o precisa. Ensina a cooperar e protexerse os uns aos outros, plasmando a importancia de cada membro da nosa biodiversidade, por moi pequeno ou insignificante que poida ser, cumpre unha función principal para protexer o noso clima. De aí o lema do noso mural "Sempre hai espazo baixo do noso paraugas para aqueles que o necesiten."

Non podemos eliminar todas as dificultades e catástrofes do mundo: as secas, as inundacións, o furacáns, os incendios...pero podemos crear un espazo seguro onde as persoas se axuden para sobrevivir.








Comentarios

Entradas populares de este blog

ENTROIDO METEOROLÓXICO.

ESTACIÓN METEOROLÓXICA SENSORIAL. AULA ESPECÍFICA.

INFORME METEOROLÓXICO DE XUÑO. 4º DE PRIMARIA.