O alumnado de 4º de primaria comezou hoxe a sementeira da avea moura. Según o calendario lunar o 12 e 13 de marzo eran unhas datas propicias para o cultivo deste cereal e a lúa estaba en fase minguante. O estado do ceo era sol con nubes e as temperaturas oscilaron entre 7 e 15 ºC. Cun índice de calidade do aire favorable e unha probalidade de ocorrencia de choiva dun 5%. A partir de agora terán que facer un seguimento diario rexistrando o tempo atmosférico, a data do primeiro brote do cereal e os centímetros que vai medrando. Neste curso o programa Voz Natura xunto á Misión Biolóxica de Galicia uníronse para estudar a avea moura ou avea negra, un cereal tradicional, e crear un proxecto para o cal seleccionaron 16 centros de toda a comunidade autónoma, entre eles está o noso colexio. Esta iniciativa está impulsada pola Misión Biolóxica de Galicia,CSIC, que busca reintroducir este cereal tradicional, aproveitando a súa seristencia e capacidade de cultivo en condicións especiais....