23 de marzo. DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL.


 O Día Meteorolóxico Mundial celébrase cada 23 de marzo para conmemorar a posta en vigor do convenio da Organizacíón Meteorolóxica Mundial de 1050, onde se destaca a importancia da meteoroloxía para a seguridade e o benestar da sociedade. 

No noso colexio conmemoramos esta data contando co traballo de investigación que fixo o alumnado de 4º de primaria sobre a relación entre as  condicións meteorolóxicas e a calidade do aire en Galicia que expuxo pola megafonía do centro na Hora de Lectura.

Tamén quixemos facer un pequeno experimento empregando a sulfatadora chea de auga e aproveitando que raiaba o sol puidemos observar como se producía o Arco da Vella no noso patio escolar.

 Todos os estudos que o alumnado de 4º de primaria foi realizando poñen de manifesto a gran influencia que ten o clima na saúde das persoas e sobre todo o aire que respiramos. A meteoroloxía condiciona a nosa vestimenta, o que comemos e en como nos sentimos cada día. Infúe no estado de ánimo, na saúde física e  tamén nas rutinas e decisións diarias.





Comentarios

Entradas populares de este blog

INFORME METEOROLÓXICO DE XUÑO. 4º DE PRIMARIA.

ENTROIDO.