Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2025

VISITA DE DIEGO VIAÑO.

Imagen
O día 24 de outubro conmemórase o día das Bibliotecas Escolares e tamén o Día Mundial Contra o Cambio Climático, pero nós celebrámolo xa de xeito anticipado o 16 de outubro. Neste curso 2025/26 continuamos centrando o noso proxecto nunha educación ambiental preocupada polo cambio climático, así, este novo proxecto leva por título:" Coida do clima, coida dos teus ". Para presentar este novo proxecto contamos cunha introdución informativa do xornalista e meteorólogo da TVG Diego Viaño Moure, que nos amosou a importancia da  información meteorolóxica. Despois desta charla informativa e ao longo do curso, cada grupo realizará un traballo de investigación sobre diferentes temáticas mediambientais relacionadas co clima,  que constará dunha parte teórica que posteriormente expoñerá ao resto do alumnado a partir do segundo treimestre e dunha parte gráfica para crear un mural xeral de carácter informativo-expositivo. As temáticas elexidas para cada grupo son as seguintes: E. Infantil:...

NOVO PROXECTO CURSO 2025-26 "COIDA DO CLIMA, COIDA DOS TEUS".

Imagen
  O novo proxecto de centro para este curso 2025-26 leva por título: " Coida do clima, coida dos teus" ,  co que pretendemos continuar coas actividades iniciadas no proxecto anteriore, tratando de mellorar os resultados e introducirnos en novas iniciativas para acadar no noso alumnado unha boa educación ambiental,  climática e meteorolóxica. Construíndo así unha responsabilidade colectiva na defensa da vida, pois os pilares da educación deberían de apoiarse nos principios de suficiencia, reparto e coidados.  N este curso queremos amosar á nosa comunidade educativa a importancia dos nosos pequenos actos sostibles para contribuir a frear o cambio climático e protexer o medio ambiente.  É necesario que as rapazas e rapaces comprendan a situación de crise climática na que nos atopamos e estean preparadas e preparados para emprender as medidas de corrección e adaptación necesarias para soster as nosas sociedades poñendo a sustentabilidade da vida no centro das nosa...