NOVO PROXECTO CURSO 2025-26 "COIDA DO CLIMA, COIDA DOS TEUS".

 

O novo proxecto de centro para este curso 2025-26 leva por título: "Coida do clima, coida dos teus"co que pretendemos continuar coas actividades iniciadas no proxecto anteriore, tratando de mellorar os resultados e introducirnos en novas iniciativas para acadar no noso alumnado unha boa educación ambiental,  climática e meteorolóxica. Construíndo así unha responsabilidade colectiva na defensa da vida, pois os pilares da educación deberían de apoiarse nos principios de suficiencia, reparto e coidados.

 Neste curso queremos amosar á nosa comunidade educativa a importancia dos nosos pequenos actos sostibles para contribuir a frear o cambio climático e protexer o medio ambiente. 

É necesario que as rapazas e rapaces comprendan a situación de crise climática na que nos atopamos e estean preparadas e preparados para emprender as medidas de corrección e adaptación necesarias para soster as nosas sociedades poñendo a sustentabilidade da vida no centro das nosas prioridades.

 Para afondar neste proxecto será necesario que cada grupo clase, ao longo do curso, investigue, observe e analice arredor destas temáticas:

E. Infantil: Eucaliptos non, carballos si.

1º de E. Primaria: Industria téxtil: produción e consumo.

2º de E. Primaria: A economía circular.

3º de E.Primaria: A degradación dos ecosistemas.

4º de E.Primaria: O clima e a saúde.

5º de E. Primaria: Os incendios forestais.

6º de E. Primaria: A pegada do carbono.




Comentarios

Entradas populares de este blog

INFORME METEOROLÓXICO DE XUÑO. 4º DE PRIMARIA.

ENTROIDO.