O METEORÓLOGO XOAQUÍN.
Con motivo da festa do Cocido de Lalín e coincidindo coa Feira Educativa o alumnado de 5º de educación primaria en colaboración co profesorado comezou un proxecto de deseño da súa mascota meteorolóxica, así xurdiu a figura de Xoaquín, o porquiño meteorólogo de MeteoLoriga, figura que ambienta o noso Espazo Meteorolóxico e que a partir deste curso vai colaborar no traballo sobre o clima a nivel centro.