Entradas

Mostrando entradas de enero, 2026

POEMA : QUE INVERNÍA!

Imagen
 A rapazada de 2º de primaria recitou un poema sobre a situación meteorolóxica deste inverno.

UN REFRÁN PARA CADA MES DO ANO.

Imagen
O alumnado de 4º de primaria pescudou no refraneiro popular galego e atopou un refrán axeitado para cada mes do ano que foron colocando e cambiando no mural do Espazo Meteorolóxico.

INFORME METEOROLÓXICO DE XANEIRO. 3º DE PRIMARIA.

Imagen
 O alumnado de 3º de primaria foi o encargado de anotar na táboa de rexistro  e subir á aplicación de Meteoescolas os datos do tempo durante o mes de xaneiro, Amais, fixo o resumo meteorolóxico do mes  empregando a megafonía do colexio na hora de lectura. Por último anotou a media das temperaturas e a cantidade de precipitación no climograma situado no Espazo Meteorolóxico.

EFECTO DAS BORRASCAS DE XANEIRO EN GALICIA.

Imagen
  As nenas e nenos de 6º de primaria analizan as novas meteorolóxicas dos efectos das borrascas do mes de xaneiro en toda a comunidade.

AS BORRASCAS NA ZONA INTERIOR DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.

Imagen
    As nenas e nenos de 6º de primaria analizan as novas meteorolóxicas dos efectos das borrascas do mes de xaneiro na zona do interior da provincia de Pontevedra.

ALERTA VERMELLA NA ZONA DO DEZA.

Imagen
 O  alumnado de 6º de primaria preparou un traballo escrito sobre a xornada de alerta vermella na zona do Deza.

CANCIÓN: COMO REPICAN.

Imagen
 As nenas e nenos de 2º de primaria estiveron preparando unha cantiga sobre as gotas da chuvia que tanto nos acompañaron ao longo do mes de xaneiro. Ademais de cantala acompañárona con instrumentos de percusión imitando o repenique das pingueiras.

IMAXES DAS BORRASCAS DE XANEIRO.

Imagen
 Este xaneiro foi invernal. Hai algún  refrán que o describe moi ben: "Xaneiro, inverno verdadeiro". Estivemos buscando imaxes que amosan a abundancia de auga e os cambios producidos nos  cauces dos ríos da nosa zona.

EFEMÉRIDES DE XANEIRO.

Imagen
 Para conmemorar as efemerides de xaneiro  cada clase asinou un documento de compromiso co medio ambiente acordando realizar accións de protección da nosa contorna máis próxima. Tamén se visualizaron videos sobre o cambio climático que convidan á nosa reflexión individual.   26  Día da Educación Ambiental.   28 Día Mundial pola Reducción das Emisións de CO2.   30 Día da Paz.