A INDUSTRIA TÉXTIL: PRODUCIÓN E CONSUMO.

 


                                              

 Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus". 

 1º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A industria téxtil: produción e consumo" conmemorando o Día da Moda Sustentable que se celebrou o 24 de abril . Acompañou a exposión oral con maquetas ilustradas sobre a evolución da moda e tamén cunha exposición de distintos materiais, accesorios, ferramentas, mobiliario e máquinas utilizadas por costureiras e xastres.

 O alumnado falou da industria téxtil, da orixe dos materiais que se utilizan ( da terra :algodón e liño/ dos animais: lá, seda, coiro/ do petroleo: nailon, acrílico e polar), dos accesorios, dos lugares de onde proceden as prendas, da evolución  e do tipo de moda rápida e barata. Remataron a exposición cantando a canción de Radio Futura "Enamorado de la moda juvenil"

Todos somos sabedores que a industria da moda afecta ao medio ambiente. A maneira de producir e consumir roupa e textiles é unha das principais causas do dano aos ecosistemas, debido en gran parte á pegada ecolóxica que deixa e ás prácticas de sobreprodución e consumo excesivo.


O artesán Palomero XIV xa dicía: "Con buena fibra y buena lana, si tejes bien, haces lo que te da la gana."

                        















Comentarios

Entradas populares de este blog

ENTROIDO METEOROLÓXICO.

ESTACIÓN METEOROLÓXICA SENSORIAL. AULA ESPECÍFICA.

INFORME METEOROLÓXICO DE XUÑO. 4º DE PRIMARIA.