VISITA DE DIEGO VIAÑO.
O día 24 de outubro conmemórase o día das Bibliotecas Escolares e tamén o Día Mundial Contra o Cambio Climático, pero nós celebrámolo xa de xeito anticipado o 16 de outubro. Neste curso 2025/26 continuamos centrando o noso proxecto nunha educación ambiental preocupada polo cambio climático, así, este novo proxecto leva por título:"Coida do clima, coida dos teus".
Para presentar este novo proxecto contamos cunha introdución informativa do xornalista e meteorólogo da TVG Diego Viaño Moure, que nos amosou a importancia da información meteorolóxica.
Despois desta charla informativa e ao longo do curso, cada grupo realizará un traballo de investigación sobre diferentes temáticas mediambientais relacionadas co clima, que constará dunha parte teórica que posteriormente expoñerá ao resto do alumnado a partir do segundo treimestre e dunha parte gráfica para crear un mural xeral de carácter informativo-expositivo. As temáticas elexidas para cada grupo son as seguintes:
- E. Infantil: Eucaliptos non, carballos si.
- 1º E. Primaria: Industria textil, produción e consumo.
- 2º E. Primaria: Economía circular
- 3º E. Primaria: Degradación dos ecosistemas
- 4º E. Primaria: O clima e a saúde
- 5ºE. Primaria: Os incendios forestais
- 6ª E. Primaria: A pegada do carbono




Comentarios
Publicar un comentario