A AVEA MOURA.

 O alumnado de 4º de primaria comezou hoxe a sementeira da avea moura. Según o calendario lunar o 12 e 13 de marzo eran unhas datas propicias para o cultivo deste cereal e a lúa estaba en fase minguante. O estado do ceo era sol con nubes e as temperaturas oscilaron entre 7 e 15 ºC. Cun índice de calidade do aire favorable e unha probalidade de ocorrencia de choiva dun 5%.

A partir de agora terán que facer un seguimento diario rexistrando o tempo atmosférico, a data do primeiro brote do cereal e os centímetros que vai medrando.

Neste curso o programa Voz Natura xunto á Misión Biolóxica de Galicia uníronse para estudar a avea moura ou avea negra, un cereal tradicional, e crear un proxecto para o cal seleccionaron 16 centros de toda a comunidade autónoma, entre eles está o noso colexio.

Esta iniciativa está impulsada pola Misión Biolóxica de Galicia,CSIC, que busca reintroducir este cereal tradicional, aproveitando a súa seristencia e capacidade de cultivo en condicións especiais. 

 Os encargados de facer a sementeira foron os alumnos de 4º de primaria, aproveitando a lúa minguante do pasado 12 de marzo, propicia para cultivar cereais. Sementaron  120 gramos de avea moura en catro bancais da nosa horta escolar.A partir deste momento deberán levar a cabo un seguimento de todo o proceso,rexistrando os cambios meteorolóxicos que se van producindo, o desenvolvemento das plantas, data dos primeiros brostes, o crecemento e posteriormente os resultados da primeira colleita de avea. Unha vez rematado todo proceso, o chef con dúas estrelas Michelín, Javier Olleros, do restaurante Culler de Pao de O Grove será o encargado de diseñar unha receita tradicional galega con este ingrediente. Plato que se elaborará no comedor escolar para ser degustado por alumnado e profesorado. 

                                       












                                       


























































Comentarios

Entradas populares de este blog

INFORME METEOROLÓXICO DE XUÑO. 4º DE PRIMARIA.

ENTROIDO.