O GALIÑEIRO E AS TEMPERATURAS.
No galiñeiro escolar contamos con dúas galiñas da raza de Mos. Ao alumnado gústalle coidalas, observalas e recollerlle os ovos diariamente, especialmente a aqueles nenos con diversidade funcional. Ao longo do curso fomos observando que durante o inverno ao haber menos horas de luz e baixar as temperaturas a produción de ovos disminue, en cambio, ao chegar a primavera suben as temperaturas, hai máis horas de día e as galiñas poñen mellor. O alumnado fixo un rexistro da produción de ovos e tamén tomou contacto coas aves.
As galiñas son animais homeotérmicos, o que quere dicir que posúen a capacidade de manter unha temperatura interna relativamente constante, independientemente da temperatura ambiental, isto é fundamental para o funcionamento óptimo dos seus procesos fisiolóxicos. A temperatura somática profunda nas galiñas oscila entre 40,6 e 41,9ºC. Esta estabilidade mantense a través dunha complexa interacción de mecanismos metabólicos e conductuais.
A zona de neutralidade térmica é o rango de temperatura ambiente onde a galiña non ten que realizar esforzos significativos para manter a súa temperatura interna. Este rango atópase entre 12 e 24º C, dentro desta zona a galiña manten unha produción de calor relativamente baixa, ben sexa a través da disipación da calor ao ambiente, ou ben minimizando a perda de calor cando fai frio. Calquera desviación desta zona de neutralidade térmica obriga á galiña a aumentar a produción calórica para compensar a perda ou ganancia de calor, neste caso o corpo da galiña debe traballar máis duro para manterse quente o freco. En climas cálidos actívanse mecanismos de arrefriamento como o bafexo e a vasodilatación, mentras que nos climas fríos empréganse mecanismos de quecemento como o escalofrío e a vosoconstrición.
Na aula específica do centro desenvolveuse regularmente unha proposta
vivencial e terapéutica na que o alumnado entrou en contacto directo coas
galiñas para coñecelas dende unha perspectiva sensorial, integrando este
encontro como un recurso de harmonización e sostén emocional. A actividade
concibiuse como un escenario de estimulación primaria no que os estímulos
naturais (visuais, auditivos e táctiles) se presentaron de maneira controlada,
permitindo que os alumnos experimentasen o contacto co animal desde o seu
propio ritmo perceptivo. Así mesmo, participaron na preparación da comida, traballando
de maneira moi rica a área táctil, exploración de texturas e integración
sensorial.
Descrición da actividade:
1.
Exploración visual e auditiva
O primeiro achegamento realizouse a través da observación
directa das galiñas no galiñeiro escolar. Os nenos contemplaron o movemento das
aves, a súa forma de desprazarse…, producíndose a progresiva orientación cara
ao estímulo. De maneira simultánea, escoitaron o cacarexo, un referente
auditivo natural, que facilita a activación sensorial.
2.
Exploración táctil e contacto directo
Nun segundo momento, tocaron as galiñas de forma guiada e segura, podendo percibir a suavidade das súas plumas, explorando unha textura moi diferenciada doutras experiencias táctiles habituais.
3.
Preparación da comida das galiñas
Neste caso, os alumnos amasaron penso con auga ou esmiuzaron pan, traballando texturas contrastadas, así como a motricidade fina.
4.
Descubrimento dos ovos
Presentáronse os ovos das galiñas que observaron e
intentaron tocar. A súa forma lisa e delicadeza do material ofreceron unha nova
oportunidade de exploración táctil e perceptiva.
5.
Asociación visual e reforzo sensorial
Mostróuselle a fotografía real dunha galiña, facilitando
a asociación entre esta e o animal observado previamente.
Finalmente manipularon plumas soltas semellantes ás das galiñas para reforzar a experiencia táctil.





















Comentarios
Publicar un comentario