REFUXIO CLIMÁTICO DE ACOLLIDA.
O comezo dunha nova etapa escolar é un momento cheo de emocións, ilusións e, ás veces tamén de pequenos nervios. Por iso, o martes abrimos as portas do noso centro para recibir cun gran sorriso ás familias e aos nenos e nenas que se incorporarán ao cole o vindeiro curso.
Acompañados pola rapazada que xa está en infantil, os novos alumnos participaron nunhas actividades colaborativas cheas de cor e ledicia.
Xuntos pintaron unhas cintas de cores coas que despois decoraron as árbores da nosa carballeira.
Ademáis, os pequenos tamén se divertiron buscando e pintando as súas caras con deseños cheos de imaxinación.
E xa para rematar a xornada da mellor maneira posible compartimos unha deliciosa merendola.
Esta actividade non só serviu para que os novos pequenos tivesen un primeiro contacto directo cos seus futuros compañeiros, senon tamén para deixar unha pegada bonita, creativa e simbólica no noso espazo natural, na nosa carballeira. Un refuxio climático moi necesario para que a rapazada goce do xogo ao aire libre sen queimarse a pleno sol.
Vémonos moi pronto para comezar unha nova aventura!
Comentarios
Publicar un comentario