ESPAZO METEOROLÓXICO.
Seguimos utilizando e actualizando o noso Espazo Meteorolóxico colocado no corredor central do noso centro. Neste lugar colocamos recortes de prensa, actividades do alumnado, o refrán do mes, vocabulario en inglés, cancións, poesías, artigos informativos sobre as borrascas, rexistro do tempo atmosférico do mes, ...
Unha zona que nos permite coñecer os aparellos que proporcionan datos meteorolóxicos e un climograma onde cada mes rexistramos a temperatura media e a cantidade de precipitación.



Comentarios
Publicar un comentario