DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. 5 DE MAIO.

Hoxe venres, 5 de xuño, celebramos no noso  colexio o Día Mundial do Medio Ambiente co fin de concienciar á poboación de todos os problemas graves que afectan ao noso planeta, como a contaminación, o cambio climático e a perda de biodiversidade. Cómpre cambiar os hábitos de consumo e impulsar leis ecolóxicas  máis xustas que coiden do planeta,  do clima e de todos nós.

Na aula de 4º de primaria, e coa finalidade de dar continuidade ao proxecto que estiveron desenvolvendo ao longo de todo o curso, "Clima san, vida sa", e xa para rematar o traballo, prepararon unha obriña de teatro titulada: "Clima en perigo". 

 Foi dramatizada  dentro da propia aula e posteriormente compartiron o texto con todos os  compañeiros e compañeiras do colexio en forma de audio, a través da  radio, "Zoadeira Radio". 💚💙

Esta peza teatral foi escrita por eles e está relacionada directamente coa temática do proxecto  de biblioteca que foi desenvolvido por todo  o colexio neste curso 2025/26: "Coida do clima, coida dos teus". Así, dun xeito lúdico, trataron moitos  dos problemas que causa a contaminación, como poden  afectar á nosa saúde e cales poden ser algunhas das posibles solucións, sempre  coa mirada inxenua e unha perspectiva infantil, a súa, a dos nenos e nenas de 4º curso de Educación Primaria.

*IA

Comentarios

Entradas populares de este blog

ENTROIDO METEOROLÓXICO.

ESTACIÓN METEOROLÓXICA SENSORIAL. AULA ESPECÍFICA.

INFORME METEOROLÓXICO DE XUÑO. 4º DE PRIMARIA.