VISITA A ASPADEZA.

 O alumnado de 1º de primaria remata o mes de abril cunha xornada de convivencia en ASPADEZA, visitando a familiares, veciñas, coñecidos e novas amizades que fixemos neste día tan especial.

ASPADEZA  é unha asociación familiar de atención a persoas con discapacidade psíquica que traballa para favorecer a súa integración, tratando de mellorar a calidade de vida das familias e visibilizar o seu labor social.

A rapazada  de 1º de primaria expuxo o seu traballo sobre a industria téxtil, dou un pequeno resumo meteorolóxico do mes, cantou e bailou dúas cancións, unha relacionada coa moda e outra co tempo atmosférico. Despois de merendar pasárono xenial xogando na súa Aula Multisensorial. A continuación dúas usuarias da asociación faláronnos tamén do tempo e da súa visita a MeteoGalicia.  Ao remate os usuarios e usuarias de ASPADEZA ensináronnos a tecer cos vimbios uns cestiños para colocar os lapis, que logo nos regalaron para a aula, tamén nos agasallaron a cada un con un lapis. Finalizamos a xornada plantando todos e todas xuntas un arbusto que levamos do noso colexio a modo de agasallo, é dunha nandina, unha planta moi resistente e fermosa. Esperamos que se recorden de nós cando coiden e vexan medrar esta planta.

Moitas grazas a todas e todos os traballadores , traballadoras , usuarias e usuarios deste centro pola súa acollida nesta mañá tan fermosa!! 







































Comentarios

Entradas populares de este blog

INFORME METEOROLÓXICO DE XUÑO. 4º DE PRIMARIA.

ENTROIDO METEOROLÓXICO.