INVESTIGANDO SOBRE O CULTIVO DOS CEREAIS E O TEMPO ATMOSFÉRICO.
Na área de influencia do colexio Xoaquín Loriga de Prado sempre se cultivaron cereais e comezamos a investigar e entrevistar a xente maior con experiencia na sementeira dos cereais. Nesta búsqueda atopamos na aldea de Cristimil a Aurora Santomé e a Adela García, e na aldea de Santiso a MªRosa.
Tanto Aurora, como Mª Rosa ou Adela manifestan que o trigo e o centeo debíanse sementar na lúa nova de abril porque se o facías antes collía peste. Tamén recordan que se chovía moito o trigo afillaba máis. Manifestan que o cereal de tarde se empregaba para cociñar.
Toda unha sabedoría da experiencia. Moitas grazas a todas elas por ensinarnos como cultivaban os cereais antes.

Comentarios
Publicar un comentario