EXPERIMENTOS METEOROLÓXICOS EN INFANTIL.
En infantil crearon un conto sobre Felisa e a partir del desenvolveron tres experimentos relacionados con fenómenos atmosféricos : o arco da vella, a nube sorpresa e o globo.
Para o arco da vella utilizaron auga, un espello inclinado dirixido á luz solar e un folio en branco. Como física Felisa sabía que a luz branca esconde todas as cores.
Para a nube sorpresa utilizaron un tarro con auga quente, que repartiron tamén polas paredes do tarro, colocaron a tapa do revés e puxeron cubos de xeo enriba, levantaron a tapa rápido e pulverizaron con laca, despois cerraron. O aire quente sube, ao tocar o frío do xeo condénsanse sobre as partículas da laca igual que fai o polvo no ceo.
Felisa era sabedora de que os materiais compórtanse de forma distinta segundo se aplique a forza, así sucede tamén co globo inflado, según se presione sobre unha chincheta ou en varias, isto é pura física de presión.




Comentarios
Publicar un comentario