3º DE PRIMARIA: A DEGRADACIÓN DOS ECOSISTEMAS.


Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus". 

 3º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A degradación dos ecosistemas" conmemorando o Día Mundial da Natureza eo Día Mundial da Vida Silvestre. Acompañou a exposión oral con maquetas que reflexan os cambios nos ecosistemas debido ás accións humanas. 

Definíron o ecosistema, as súas partes, as relacións dentro del, os distintos tipos e por último o impacto humano.

Todos os elementos que forman o planeta Terra están interconectados, cumplen unha función específica e fundamental, dende o aire que respiramos ata os ríos; e todos son necesarios para que exista a biodiversidade. Por desgraza a actividade frenética do ser humano está modificando os ecosistemas, está mudando o clima e estase perdendo esa biodiversidade.

O cambio climático é un dos maiores desafíos para os ecosistemas. Está causado polo aumento de gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono, debido á queima de combustibles físiles e a deforestación provocando:

- Aumento de temperaturas. Afectando á reproducción e migración de especies.

- Derretemento dos polos. Ameazando a vida no Ártico e na Antártida.

-Alteracións nos patróns de choiva. Provocando inundacións e sequías extremas.

- Acidificación dos océanos. Danando corais e organismos mariños.

A contaminación afecta a todos os ecosistemas, danando o aire, a auga e o solo.

Os seres humanos cambiamos os ecosistemas, pero tamén podemos protexelos e restauralos  freando así o cambio climático.










Comentarios

Entradas populares de este blog

INFORME METEOROLÓXICO DE MARZO. 1º DE PRIMARIA.

ENTROIDO.