TIPOS DE NUBES. 2º de PRIMARIA.
O alumnado de 2º de Educación Primaria traballou nun proxecto sobre “A Auga” e quixeron investigar acerca das nubes. Primeiro abordaron os tipos de nubes que hai a partir da Carta de Nubes.
Unha vez familiarizados cos tipos de nubes foi o momento de
observar o ceo. Esta é unha práctica moi pracenteira, que co
tempo nos axudará a ler o ceo, e ata poder prever o tempo.
Algunhas preguntas que nos poden axudar a identificar as nubes
poderían ser:
teñen forma ou parecen esfiañadas?
teñen sombras?
forman unha capa? e a capa tapa o sol?
choveu durante moito tempo ou houbo un ballón?
E aquí tedes unha pequena mostra do traballo recollido.
Comentarios
Publicar un comentario