O TEMPO NA AULA ESPECÍFICA.

 A Aula de Educación Especial do CEIP Xoaquín Loriga de Prado tamén participa no proxecto de MeteoEscolas, que no noso centro denomínase: "MeteoLoriga". O alumnado que integra esta aula participa activamente, pois todos os días suben ás aulas ordinarias correspondentes e fan o rexistro diario do tempo cos compañeiros e compañeiras, pero ademáis  levan a cabo o seu propio rexistro diario, semanal e mensual. Despois cos datos obtidos fan unha comparación cos resultados do resto das aulas cando se publican no taboleiro e fan as súas pequenas aportacións.

Dadas as circunstancias particulares da aula, o seu rexistro fai referencia ao tempo atmosférico e sempre a través de imaxes. Os datos máis técnicos e numéricos deixanllos ao resto de compañeiros, pois fan recontos moi sinxelos e simples.







Comentarios

Entradas populares de este blog

INFORME METEOROLÓXICO DE MARZO. 1º DE PRIMARIA.

METEOROLOXÍA INTERXERACIONAL