FEIRA EDUCATIVA.
O pasado 6 de xuño celebrouse en Lalín a 1ª Feira Educativa, unha iniciativa que parteu do CEFORE en colaboración co Concello e coa Consellería de Educación. O noso centro educativo participou nela, sendo un auténtico espazo de investigación, creatividade e compromiso coa educación. Baixo o lema “Ciencia para un futuro sostible”, celebramos a nosa feira educativa, un proxecto de centro que implicou a toda a comunidade escolar: alumnado, profesorado, familias e persoal non docente.
Durante toda a xornada, o ambiente foi moi especial: familias, veciños e mesmo representantes do concello achegáronse a coñecer os traballos do alumnado.
Non podemos pechar esta entrada sen agradecer de corazón a todas as familias que estiveron ao noso carón durante toda a organización e desenvolvemento da feira educativa. A vosa participación, apoio e entusiasmo foron fundamentais para que esta experiencia fose posible e tan enriquecedora.
Comentarios
Publicar un comentario