XOGOS METEOROLÓXICOS
XOGOS RELACIONADOS COA METEOROLOXÍA (E.F.)
-Xogo do conxelado: é un xogo de pilla-persecución. Haberá 2
xogadores que levarán un peto vestido e que deben “conxelar” aos
demais. Farano tocándolles e dicíndolles: estás conxelado! Os que
conxelan fan como se foran ventos moi fríos.
Os conxelados estarán quietos ata que acabe a o xogo ou ata que
algún compañeiro ou compañeira que non está conxelado lle “derrita”, é
decir, lle toque ou pase por debaixo das pernas para así seguir
correndo. Os que tocan son os soles que derreten.
-Xogo de sol, tormenta e vento: é un conto motor. O alumnado debe
imaxinarse que está nun sitio no que de forma repentina hai varios
cambios de tempo en pouco tempo. Deben imaxinar, expresarse e
escenificar as accións. Por exemplo, cando un neno ou nena diga “fai
aire” os demais deben deixarse caer nas colchonetas; cando diga que
“hai tormenta” deben facer ruido cos pés e ca boca; cando “faga sol”
camiñar poñendo as mans diante dos ollos.
-Xogo do conxelado musical: o alumnado bailará unha canción. Cando
pare de soar a canción deberán quedar conxelados por parellas
(imaxinarán que fai frío e quedarán quietos adoptando unha estatua).
Cando soe outra vez a música outra vez imaxinarán que fai sol e calor e
seguirán bailando.
Comentarios
Publicar un comentario