Os nenos e nenas de 2º de primaria foron os encargados de observación, rexistrar os datos meteorolóxicos e subilos á aplicación de MeteoEscolas ao longo do mes de febreiro. Hoxe, aproveitando a Hora de Lectura fixeron un pequeno resumo, a través da megafonía, dirixido ao resto dos cursos.
No mes de xuño 4º de primaria foi a clase encargada de facer a súa observación do tempo atmosférico, o rexistro correspondente, subir os datos á aplicación de MeteoGalicia, facer as contas correspondentes para calcular a temperatura media do mes e a cantidade de precipitacións e anotar os resultados no climograma do Espazo Meteorolóxico. Rematando cun resumo da información obtida para o resto da comunidade a través da megafonía do centro.
Celebramos o Entroido disfrazándonos de fenómenos meteorolóxicos. Distintos membros da comunidade educativa: pais, nais, nenos, nenas, mestres e mestras participaron nesta festa poñéndolle imaxinación e ganas de festa.
Comentarios
Publicar un comentario