METEOROLOXÍA INTERXERACIONAL
Esta semana os cursos de 1º e 5º de primaria visitaron dúas residencias de maiores da zona, a de Vila de Cruces e a de As Dores de Lalín para realizar unha xornada de convivencia interxeracional . Alí as nosas rapazas e rapaces déronlle as novas meteorolóxicas dos primeiros meses do ano, recitáronlles poemas e refráns , contáronlles o conto do arco da vella e despois preguntáronlles aos maiores se notaran que o clima fora cambiando dende que eles eran máis xóvenes. Na residencia das Cruces, a sra. María e a sra. Digna, e na de Lalín, o sr. Amado contestaron que antes as estacións estaban máis definidas, os invernos eran fríos, con nevadas, xeadas, e incluso había caramelos de xeo colgados das tellas e os veráns eran moi caluroso, a veces moscaban as vacas.
Comentarios
Publicar un comentario