O pasado 6 de xuño celebrouse en Lalín a 1ª Feira Educativa, unha iniciativa que parteu do CEFORE en colaboración co Concello e coa Consellería de Educación. O noso centro educativo participou nela, sendo un auténtico espazo de investigación, creatividade e compromiso coa educación. Baixo o lema “Ciencia para un futuro sostible” , celebramos a nosa feira educativa, un proxecto de centro que implicou a toda a comunidade escolar: alumnado, profesorado, familias e persoal non docente. Esta feira non foi só unha exposición de contidos, senón unha oportunidade para desenvolver habilidades fundamentais: traballo en equipo, comunicación, pensamento crítico e responsabilidade social. O alumnado foi protagonista activo da súa aprendizaxe, e iso notouse no entusiasmo e na calidade dos proxectos presentados; sendo un deles o espazo MeteoLoriga, onde catro representantes do alumnado tiveron a oportunidade de explicar aos visitantes os coñecementos meteorolóxicos adquiridos neste curso...