Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2025

METEOROLOXÍA INTERXERACIONAL

Imagen
Esta semana os  cursos de  1º e 5º de primaria visitaron dúas residencias de maiores da zona, a de Vila de Cruces e a de As Dores de Lalín para realizar unha xornada de convivencia interxeracional . Alí as nosas rapazas e rapaces déronlle as novas meteorolóxicas dos primeiros meses do ano, recitáronlles poemas e refráns ,  contáronlles o conto do arco da vella e despois  preguntáronlles aos maiores se notaran que o clima fora cambiando dende que eles eran máis xóvenes. Na residencia das Cruces, a sra. María e a sra. Digna, e na de Lalín, o sr. Amado contestaron que antes as estacións estaban máis definidas, os invernos eran fríos, con nevadas, xeadas, e incluso había caramelos de xeo colgados das tellas e os veráns eran moi caluroso, a veces moscaban as vacas. Todas e todos gozamos da conversa, da compañía, dos bos consellos dos agasallos e dunha rica merendola.   É a primeira vez que o noso alumnado fai esta actividade interxeracional e resultou toda unha exper...

METEOROLOXIA NA RADIO

 O 21 de febreiro, con motivo da celebración do Dia de Rosalía de Castro un grupo de nenas e nenos do centro, en representación de todo colexio, fixeron un podcast informativo sobre a nosa escritora universal e tamén co informe meteorolóxico destes  ùltimos meses, o cal se pode escoitar a partir do minuto 07:00.

AS CORES DO INVERNO

Imagen
  Estamos na estación do inverno e como diariamente temos que observar os cambios climatolóxicos que se producen na contorna do noso centro e na proximidade, estamos facendo unha reportaxe fotográfica  que titulamos As cores do inverno . Houbo días de xeada, sarabia, chuvia e sol. Ata apareceu o arco da vella no patio do colexio.