As nenas e nenos de 2º de primaria estiveron preparando unha cantiga sobre as gotas da chuvia que tanto nos acompañaron ao longo do mes de xaneiro. Ademais de cantala acompañárona con instrumentos de percusión imitando o repenique das pingueiras.
Este xaneiro foi invernal. Hai varios refráns que o describen moi ben: Xaneiro, inverno verdadeiro. Estivemos buscando imaxes que amosan os cambios que trouxeron as borrascas nos cauces dos ríos da nosa zona.
Para conmemorar as efemerides de xaneiro cada clase asinou un documento de compromiso co medio ambiente acordando realizar accións de protección da nosa contorna máis próxima. Tamén se visualizaron videos sobre o cambio climático que convidan á nosa reflexión individual. 26 Día da Educación Ambiental. 28 Día Mundial pola Reducción das Emisións de CO2. 30 Día da Paz.