O alumnado de 6º de Educación Infantil dentro do seu proxecto de ciclo titulado "O vento" estivo experimentando, xogando e manipulando con distintos materiais para descubrir como se produce o vento, as diferencias entre aire quente e aire frío, e como tamén modifica o relevo. Descubriron que a auga quente sube e a fría baixa, o mesmo que pasa co aire quente e frío, que a calor da candea produce movemento, e a través do secador decatáronse de que o vento erosiona o terreo.