INFORME METEOROLÓXICO DE MARZO. 1º DE PRIMARIA.

Os nenos e nenas de 1º de primaria foron os encargados de observar, rexistrar os datos meteorolóxicos e subilos á aplicación de MeteoEscolas ao longo do mes de marzo. Estableceron a rutina diaria de análisis do tempo, creando un recuncho meteorolóxico. Tamén se apuntaban os datos no mural meteorolóxico principal do colexio. Unha vez rematado o mes de marzo, na Hora de Lectura, fixeron un pequeno resumo de todos os datos obtidos e analizados, e a través da megafonía do centro, déronllos a coñecer ao resto dos cursos.